Para traballar o manexo do rato
Exemplos
- Actividade 1. Trátase de facer clic nos peixes que pasan pola peceira.
- Actividade 2. O alumno debe mover as pezas do puzzle ata completalo.
Exemplos
- Taller de contos: o binomio fantástico. Actividade de lecto-escritura que ensina aos alumnos unha nova forma de crear contos. Consta dunha explicación e de varias actividades.
- Agudas, llanas y esdrújulas. Actividade de ortografía que consiste en clasificar diversas palabras e acentualas se é preciso.
- Palabras compostas. Actividade para practicar unha parte da gramática con xogos de creación de palabras compostas novas.
Contos, cancións e adiviñas
Exemplos
- Xandre, o elefante sen sombra. Conto que se pode utilizar de moitas maneiras diferentes:
- Opción A. Directamente na páxina web.
- Opción B. En pantalla completa.
- Opción C. Engadir o conto a calquera sitio web da nosa propiedade.
- Opción D. Meter o conto nun USB.
- Opción E. Traballar só con certas pezas do conto.
- Hello, hello. Canción para practicar o saúdo en inglés.
- Adivinanzas. Páxina web que contén diversas adiviñas.Podemos utilizalas na aula para exercitar a memorización e a lóxica.