As webquest
¿Que son? É unha ferramenta que forma parte dunha metodoloxía para o traballo didáctico que consiste nunha investigación guiada, con recursos principalmente procedentes de Internet, que promove a utilización de habilidades cognitivas superiores, o traballo cooperativo e autonomía dos alumnos, incluíndo unha evaluación auténtica. O antecedente destas actividades é o uso de retos no desenvolvemento de ambientes de aprendizaxe baseados en tecnoloxías da información.
¿Para que serven? Son utilizadas como recurso didáctico, posto que permiten o desenvolvementode habilidades de manexo de información e o desenvolvemento de competencias relacionadas coa sociedade da información.
Constrúense ao redor dunha tarefa atractiva que provoca procesos de pensamento superior. Trátase de facer algo coa información. O pensamento pode ser creativo ou crítico e implicar a solución de problemas, enunciación de xuízos, análisis ou síntese. A tarefa debe consistir en algo máis que contestar a simples preguntas. Debe corresponderse con algo que fan os adultos normalmente fóra da escola.
Ten a seguinte estrutura:
- Introdución. Establece o marco e aporta algunha información antecedente
Tarefa. O resultado final da actividade que os alumnos levarán a cabo - Proceso. Descripción dos pasos a seguir para levar a cabo as tarefas. Inclúe os recursos e o andamiaxe (scaffolding)
- Recursos. Seleción de enlaces aos sitios de interese para atopar a información relevante.
Este elemento forma parte do apartado do proceso. - Avaliación. Explicación de como será avaliada a realización da tarefa
- Conclusión. Recorda o que se aprendeu e anima a continuar coa aprendizaxe
É necesario crear un sitio web (editor HTML, blog, procesador de textos...)
Tipos de webquest
Corta duración
- Obxectivo: adquisición e integración do coñecemento dun determinado contido dunha ou varias materias.
- Duración: dun a tres períodos de clase.
Larga duración
- Obxectivo: estensión e procesamento do coñecemento (dedución, indución, clasificación, abstración, etc)
- Duración: entre unha semana e un mes de clase.
¿Que aportan?
Aspectos a ter en conta para a creación dunha Webquest
- A tarefa debe implicar un proceso de investigación e transformación da información.
- Son actividades en grupo e por roles. Cada alumno aume un rol diferente desenvolvendo un traballo cooperativo no que a aportación de cada un é crucial.
- Deben desenvolver procesos cognitivos de carácter superior (análise, síntese, avaliación, creación...)
- A tarefa debe ser motivadora e corresponderse con algunha actividade que nun determinado contexto sería real.
- A avaliación se propón en forma de matriz, describiendo os aspectos que se avaliarán
Para saber máis
- As Webquest. (páxina web, por Pérez Torres, da Universidade de Granada)
- As Webquest. (Wikipedia)
Exemplos
- Our virtual Zoo. (webquest para nenos de 4º de Primaria)
- King Tutankhamun. Was it murder? (para nenos entre 9-12 anos)
- Animals and me (para nenos entre 5-8 anos)
- Let's party (para nenos entre 5-8 anos)
¿Qué é? Actividade didáctica que consiste nunha serie de preguntas e una lista de direccións de páxinas web das que se pode extraer ou inferir as respostas.
¿Para que serven? Serven para que o alumnado integre os coñecementos adquiridos. Potencia a efectividade das unidades didácticas.
Para saber máis
- Caza do tesouro (Internet na aula)
- Webquest e caza do tesouro (blogaliza)
- Cómo facer unha caza do tesouro (edugaliza)
Exemplos
- A paz no mundo (cazatesouromary)
- Educación á cidadanía (oblogdesociais)