Recursos para a comunicación e difusión de experiencias

Os blogs

¿Qué son? Trátase de sitios web periodicamente actualizados que recompila cronoloxicamente textos ou artículos dun ou varios autores,aparecendo primeiro o máis recente, onde o autor conserva sempre a liberdade de deixar publicado o que crea pertinente.

¿Para qué serven? Utilízase preferentemente para escribir sobre a súa propia vida coma se dun diario se tratase, pero publicado en Internet en liña. Habitualmente en cada artículo, os lectores poden escribir comentarios e o autor darlles resposta, establecendo así un diálogo, aínda que esta opción depende da decisión do autor respecto da súa privacidade.

Tipos de blog

Existen varios tipos de blog como poden ser persoais, periodísticos, empresariais, tecnolóxicos, políticos e educativos. Pero centrándonos soamente no ámbito da educación podemos destacar tres tipos:

  1. Blogs de profesores
  2. Blogs de alumnos
  3. Blogs de aula


Tamén podemos nomear algunhas variantes do weblog como poden ser os openblog, fotolog, vlogs (videoblogs), os audioblogs e os moblogs (desde os teléfonos móviles).


Para saber máis
Exemplos


As webs de centro

¿Qué son? Sitios web creados pola comunidade educativa dos centros.

¿Para qué serven? A súa finalidade é a de facilitar a comunicación entre os seus membros, a mellora dos procesos de xestión e de ensinanza e aprendizaxe, a difusión das suas actividades e a súa interación co entorno.

Para saber máis

Exemplos


YouTube

Logo YouTube por Hernando.svg¿Qué é? Creado por tres antigos membros de PayPal, trátase dun sitio web que contén gran cantidade de vídeos en streaming de diverso contido.


¿Para qué serven? No tocante á educación, os vídeos que podemos atopar nesta páxina web poden ser unha excelente motivabión para abordar estratexias didácticas innavadoras como por exemplo, grabar as clases para despois colgalas na rede e que sexan consultables por todo o alumnado e o resto da familia dende os seus fogares. Tamén podemos consultar tutoriais sobre o uso de diverso material escolar, así como presentacións científicas feitas polos propios descubridores.
Para saber máis

Exemplos
  •  Earth Formation 
  • Aprender a sumar (Inglés)
  • Aprendizaje significativo y mapas conceptuales