A pizarra dixital interactiva (PDI)
¿Que é? A pizarra dixital interactiva é un novo recurso educativo que consiste nun ordenador conectado a un videoproxector, que amosa o sinal dese ordenador sobre unha superficie lisa e ríxida, sensible ao tacto ou non, desde a que se pode controlar o ordenador, facer anotacións manuscritas sobre calquera imaxe proxectada, así como gardalas, imprimilas, envialas por correo electrónico e exportalas a diversos formatos.¿Para que serve? A función principal da PDI é controlar o ordenador mediante esta superficie cun bolígrafo, o dedo ou outro dispositivo como se dun rato se tratase. É o que nos da interactividade coa imaxe e co que o diferenza dunha pizarra dixital normal.
Vantaxes | Inconvintes |
|
|
¿Qué aporta? Para os alumnos:
- Incremento da motivación e interés grazas á posibilidade de disfrutar de clases máis chamativas e que favorecen o traballo colaborativo, os debates e a presentación de traballos, favorecendo a autoconfianza e o desenvolvemento das habilidades sociais.
- Facilita a comprensión, dada a posibilidade de reforzar as explicacións utilizando vídeos, simulacións e imaxes coas que interacionar.
- Poden recibir por correo electrónico as explicacións feitas en clase.
- Beneficio para os estudantes con dificultades visuais, auditivas e problemas kinestésicos ou con necesidades educativas especiais.
- Recurso flexible e adaptable a diferentes estratexias docentes, xa que pode combinar o traballo grupal e o individual.
- É idóneo para o educador constructivista porque favorece o pensamento crítico dos alumnos.
- Fomenta a flexibilidade e a espontaneidade dos docentes.
- Posibilidade de acceso a unha tecnoloxía TIC atractiva e sinxela.
- Favorece o interés pola innovación e o desenvolvemento profesional e cara o cambio pedagóxico.
- Aumenta a motivación do profesor, xa que dispón de máis recursos e obtén unha resposta positiva dos alumnos.
- Pode preparar clases máis atractivas e documentadas.
- Aforro de tempo.
Para saber máis
Educamadrid (Vídeos de usos de Pizarras Dixitais)
Pere Marqués (Información moi completa sobre a Pizarra Dixital)
Exemplos
Intervención Carlos Amigo (Seminario Uso Práctico PDi)
Video resumen del Seminario de Uso Práctico de PDi
O tablet PC
¿Qué é? É un ordenador portátil co que se pode interactuar a través dunha pantalla táctil ou multitáctil. Dependendo do tipo de pantalla (resistiva, capacitativa...) o usuario pode empregar un lápis especial ou lo dedos para traballar co ordenador sen necesidade de teclado físico, ou rato.
¿Para qué serve? As utilidades dos tablets PC son moitas e moi diversas:
- Lectura de libros electrónicos
- Lectura de comics en pantalla
- Navegación web
- Xogos
- Consulta de documentos ofimáticos
- Visualización de vídeos / películas
- Reproducción de música
- Videoconferencia
- Apuntamentos a man alzada
- Traballo de caligrafía
- Prácticas matemáticas
E moitas máis. Podemos dicir que o límite pono o propio usuario.
¿Qué aporta? As particularidades dos tablets PC fan que sexan útiles perfectos para o traballo na educación. Permiten achegar as novas tecnoloxías ó alumnado dun xeito controlado e supervisado polo mestre, tema de gran importancia na sociedade na que vivimos na cal gran parte dos pais non sabe poñer límites ó acceso que os seus fillos/as teñen á rede, cos grandes problemas que isto conleva.
Existe un proxecto moi interesante creado no 2009 chamado OLPC One Laptop Per Child (un portatil para cada neno) que consiste na creación de tablets PC extremadamente baratos (50€ cada un) coa finalidade de que tódolos nenos/as do mundo en idade escolar podan acceder a un (especialmente no 3º mundo) e así rematar co analfabetismo e facilitar a escolarización destes.
Para saber máis
Tablet PC (Wikipedia)
Tablet PC for Education (Toshiba)
Exemplos
Vídeo de Marcelo Tossati, un dos creadores do proxecto OLPC no que nos ensina como funciona e o motivo da súa creación