Software de creación

PARA CREAR ACTIVIDADES E RECURSOS DIDÁCTICOS ONLINE E OFFLINE

Clic

¿Que é? Trátase dun conxunto de aplicacións de software libre que permiten crear diversos tipos de actividades educativas multimedia no entorno Windows, diseñada a principios da década de 1990 en Cataluña por Francesc Busquet Burguera. Está composta principalmente polas seguintes seccións: 

- Biblioteca de actividades: formado por centos de aplicacións creadas por educadores e educadoras de diversos países.

- JClic: conxunto de aplicacións que serven para realizar diversos tipos de actividades educativas multimedia (puzzles, asociacións, exercicios de texto, encrucillados, sopas de letras...)

- Clic 3.0: o programa orixinal disponible en 7 idiomas diferentes. O seu desenvolvemento iniciouse en 1992 e desde aquela serviu para crear miles de actividades dirixidas a diversas áreas e niveis educativos.

- Comunidade: espazo para o diálogo, a comunicación, o intercambio e a cooperaciión entre autores de materiais, educadores, e outras persoas e institucións interesadas no proxecto. Tamén contén relacións de enlaces a outras webs relacionadas con Clic.

- Documentos: todo tipo de documentos sobre Clic e JClic (artículos, manuales técnicos, guías de usuario, tutoriais, cursos de creación de actividades...)

- Soporte: preguntas máis frecuentes sobre o proxecto Clic e os seus programas, e a axuda para configurar o seu ordenador polo que todo funcione correctamente.

- Ferramentas: recopilación de ferramentas

- Búsqueda

- Cambio de idioma: dispoñible en catalán, castelán e inglés.


¿Para que serve? É un servicio do Departamento de Educación da Generalitat de Cataluña creado co obxectivo de dar difusión e apoio ao uso destes recursos, e ofrecer un espazo de cooperación aberto á participación de todos os educadores que queiran compartir os materiais didácticos creados co programa.


Exemplos/ Para saber máis
  • Zona Clic (precísase descarga e instalación para o seu uso)


Hotpotatoes

¿Que é? Conxunto de seis ferramentas para crear actividades interactivas baseadas en páxinas webs.  É necesario descargar o programa para crear actividades, pero non para relalizalas.Os tipos de exercicios que se poden realizar son os seguintes:

- Exercicios de elección múltiple. JBC. Crea exercicios nos que cada pregunta pode ter tantas respostas como se queira e calquera número de elas poden ser correctas. Cada vez que o alumno selecciona a resposta correcta, aparece a porcentaxe de acertos.

- Exercicios de completar hocos. JCloze. Xera exercicios nos que se pode poñer un número ilimitado de posibles respostas correctas para cada hoco e o estudante pode pedir axuda se ten dúbidas, mostrándolle unha letra despois da resposta correcta cada vez que pulse o botón axuda. Tamén inclúe puntuación automática.

- Encrucillados. JCross. Crea encrucillados usando a cuadrícula de calquera tamaño. Un botón de axuda permite ao estudante solicitar unha letra no caso de que a necesite.

- Exercicios de emparellamento ou ordenación. JMatch. Crea exercicios onde aparece unha lista de elementos á esquerda, con elementos desordenados á dereita.

- Exercicios de reconstrución de frases ou parágrafos. JMix.


Exemplos:
  • Exercicios para practicar inglés en Primaria
    • Exercicio 1. Exercicio de elección múltiple no que o alumno deberá elexir o nome correspondente a imaxe que aparece no medio da pantalla.
    • Exercicio 2 e Exercicio 3. Exercicios no que o alumno debe ordear unha frase.
    • Exercicio 5. Exercicio no que o alumno debe leer un texto e despois contestar a unhas preguntas sobre ese texto.
    • Exercicio 6. Exercicio no que o alumno debe completar os hocos dun texto.
    • Exercicio 7. Encrucillado sobre as cores.
    • Exercicio 8. Exercicio para responder preguntas.
    • Exercicio 9. Exercicio no que o alumno debe relacionar as palabras da dereita coas imaxes da esquerda sobre a comida.